Materiais: Espello e faia.
“El espejo de alinde para apurar el rostro, la saliva ayuna con el paño para alindar” Arcipreste de Talavera
O espello de tocador ALINDE representa, en madeira de faia, a metade dunha folla. A fenda que percorre o seu nervio central sostén o espello, de forma que nel se reflicte a outra metade e se complete. Os demais nervios que a percorren están recubertos de pan de ouro rosa que, co seu brillo, resalta a imaxe reflexa. A peza busca actualizar esta tipoloxía de espello ó que envolve tanto simbolismo e lendas. Ó mesmo tempo revitaliza as técnicas máis artesanais e antigas da ebanistería artística. Ademais, recupera da España do século XIV unha acepción de “alinde”, cando os espellos de ALINDE coñecíanse como os ESPELLOS DE TOCADOR que usaban as damas para ALINDARSE, para poñerse guapas.