No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Óndula

Esther Pérez Hermo

Ano do proxecto: 

2021

Proxecto Integrado

As óndulas son estruturas sedimentarias que se forman pola acción dunha corrente de auga ou vento sobre a area. Estas ondas crean clarescuros, brillos e reflexos de cores se a auga flúe entre elas. As súas infinitas armazóns van mudando a medida que se moven as súas sombras co sol. A bandexa para computador portátil ÓNDULA inspírase nestas formacións areosas na súa gama cromática, forma e xogo de luces.

As 360 láminas de madeira das que está composta, están realizadas a partir de retais. Este uso do material, alén de constituír unha forma de traballar sustentable, achégaa á cor que lle dan as 10 especies de madeira das que consta e convértena nunha peza única.

Estas láminas únense de 10 en 10 mediante a técnica da curvatura laminada. As pezas resultantes, con forma de óndula, ensámblanse entre si confrontadas, polo que entre elas quedan ocos que teñen a función de aireación do computador. Estes buracos deixan pasar a luz, pero tamén crean sombras entre as pezas dependendo de onde se atope o foco.

ÓNDULA tamén se pode empregar para comer, polo que a cola e os acabados utilizados son de uso alimentario. As súas medidas, máis alta e ancha que as existentes no mercado, achéganlle un extra de comodidade á vez que ofrecen a opción do seu uso como mesa auxiliar. Con todo, podería personalizarse cambiando as medidas (ademais da gama cromática) utilizando os mesmos moldes, persoal e ferramentas.

Ir á portada de proxectos