No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería artística

Mesaku

Luis Chao Paz

Ano do proxecto: 

2024

Traballo Fin de Estudos

Mesaku é unha mesa auxiliar realizada coa técnica xaponesa kumiko. Na súa elaboración empregáronse dous tipos de madeira diferentes: roble e cedro. A través da aplicación de técnicas de ebanistería artística, uníronse os catro bastidores con tripes ensamblaxes. As prolongacións dos bastidores do Kumiko están embutidas no marco. Para a construción do Kumiko elixíronse ángulos de 45 e 90 graos, co que se simulou unha figura repetida ao longo de todo o proceso de construción.

As súas dimensións de 480 x 425 mm e o seu peso lixeiro fan desta mesita un complemento ideal para calquera habitación. Está pensada como obxecto para ser utilizada tamén para apoiar unha tacita de té ou libros.

Está dirixida a persoas amantes da artesanía, con gusto pola sinxeleza e a nobreza que aporta a madeira.

Materiais: madeira de carballlo e cedro.

Técnicas: ensambles, kumiko.

Ir á portada de proxectos