Fiume é un novo restaurante de pasta fresca na cidade de Ourense.
Un pequeno restaurante moderno e de moda que presenta unha nova forma de consumo gastronómico na cidade.
Deseñado para o público máis novo e turístico; Fiume ten un menú moi limitado e económico pensado para ser cociñado en pouco tempo e desfrutado en calquera lugar.
Este proxecto presenta a identidade gráfica deste establecemento, unha identidade cunha linguaxe gráfica sinxela, atrevida e amena. Para desenvolver esta identidade da forma máis completa deseñáronse diferentes elementos, como menús, papelería, envases e outros materiais promocionais.