No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de Interiores

Botánico D'Aira

Andrea García Martínez

Ano do proxecto: 

2024

Proxecto Fin de Grao

En Lamas de Abade, en Santiago de Compostela, ubícase unha mostra de que nin sequera a beleza é allea ao paso do tempo.

Un pazo, unha capela e un hórreo son vítimas do esquecemento, nun extremo dunha parcela relegada ao almacenaxe de árbores que xa non se consideran adecuadas para a vía pública.

Cofin de devolver a honra as edificacións existentes e aproveitando a presenza da natureza que fixo deste o seu fogar, proxéctase o Xardín Botánico D’Aira e, máis concretamente, o seu Centro de Visitantes.

O Centro de Visitantes establécese como o punto de partida do percorrido a través do botánico, unha viaxe no tempo e a través dos sentidos.

A praza central ou atrio recupera a esencia tradicional de lugar de confluencia e conexión entre os diferentes volumes, todos eles independentes a par que estética e funcionalmente relacionados.

As construcións tradicionais convértense agora nun museo, no que elas mesmas forman parte da exposición, ás cales se lles engade un novo volume realizado a partir das columnas que quedaban dun antigo cuberto.

O mobiliario deséñase acorde as necesidades cambiantes do lugar, sendo a madeira e a chapa de ferro os principais materiais utilizados, que baixo o concepto da pregadura van dando forma ao interior dos espazos dun xeito case efémero.

A rehabilitación ten como precepto clave a busca da polivalencia, naque as distintas pastillas poidan cumprir diferentes funcións, o quese relaciona estreitamente coa abstracción do deseño en certas zonas.

O equilibrio entre a natureza e as edificacións resulta fundamental para acadar un todo indivisíbel que máis alá de ser a renovación dun espazo abandonado, pretende ser unha demostración do valor quedeixamos ocultar pola maleza.

Ir á portada de proxectos