A empresa Goodfood quere realizar unha nova achega aos almorzos dun sector da poboación que quedou esquecido nos lineais de cereais, o público masculino adulto. Para iso preséntannos os “Worker’s Corn Flakes”, conectando cun consumidor que xa almorzou con cereais na súa infancia e que pode retomar esta costume en substitución de hábitos alimenticios menos saudables.
A nosa colaboración en materia de packaging foi a de deseñar un envase con rosca que substitúa á tradicional combinación de cartón e plástico, de este xeito, buscamos adaptarnos ás necesidades de tempo do público obxectivo e, co tipo de tapón e a infografía, facer referencia ao mundo do traballo e á reivindicación laboral.