No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Trun

Carmen Muñiz

Ano do proxecto: 

2019

Trun é unha peza robusta e delicada ao mesmo tempo.

Con esta peza buscouse un deseño singular, práctico e polivalente, que puidese encaixar e enriquecer distintos ambientes. E destinarse a diferentes usos, podéndoa ser un taburete, unha mesilla auxiliar, ou unha columna-soporte.

A forma da peza, resalta o proceso construtivo, que leva a cabo mediante o encolado de pezas de distintas madeiras e o posterior torneado. O emprego de distintas madeiras no seu deseño é relevante debido á combinación de cores que achega. As madeiras elixidas debido ao seu gran contraste son sapelli e carballo.

A disposición e mestura das distintas pezas, tradúcese nun debuxo lineal tanto no asento como no perfil, potenciado pola transformación que sofren as liñas nalgunhas zonas do perfil debido ao proceso de torneado.

Despois do torneado realízase un corte a chaflán ou truncado que dá nome á peza e achega personalidade á peza. Ademáis esta operación permítenos que a peza poida aliñarse á parede na parte superior e librar o rodapé na parte inferior. O truncado que se realiza no perfil tamén achega modificacións nos debuxos que fan as distintas pezas.

A parte do chaflán podería ser o punto de unión de dúas ou máis pezas xemelgas, permitíndonos distintas composicións.

Ir á portada de proxectos