Proxecto internacional (e real) feito por “amor á arte” por un grupo de gamers. A través de internet, un grupo de programadores/deseñadores/testers de sete nacionalidades diferentes axuntaron esforzos en crear un Action-RPG (Action Roleplaying Game). O traballo realizado pola miña banda para o proxecto consistiu na formulación e desenvolvemento da animación introductoria do xogo, a cal conta a “lenda” sobre a que se desenvolverá o mesmo para situar ao espectador, así como no deseño do packaging primario, a galleta do dvd, o manual deo xogo e o pack secundario: un híbrido entre caixa e políptico que ten unha lectura progresiva segundo se vai abrindo.
Web do proxecto
www.roseofeternity.com