Proxecto fotográfico sobre os signos do zodíaco, realizado a partir das maquillaxes de Marta Salgueiro, maquilladora e estudante de caracterización. Trátase de retratos nos que, ao través da maquillaxe, a atmósfera recreada e o tipo de modelo, represéntanse tódolos signos zodiacais. Imaxes, que según algunhas teorías, xa se veñen facendo dende a antiga Babilonia.
Cada modelo está vinculado a un dos elementos da natureza e está fotografado nos tres signos que pertencen a ese elemento: o Lume, cos signos de Aries, Leo e Saxitario; a Terra, cos signos de Tauro, Virgo e Capricornio; o Aire, cos signos de Xéminis, Libra e Acuario; e a Auga, cos signos Cáncer, Escorpio e Piscis.
Marina García Cabanas
mdrmarinamdr@gmail.com
658 576 518