No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ilustración

O Cemiterio dos Elefantes

Carmen Fernández González

Ano do proxecto: 

2001

Proxecto final do Ciclo Superior de Ilustración

Telón de fondo para o teatro principal (2001)

Este proxecto, dirixido polo profesor Miguel Mantilla, deu resposta a un encargo profesional realizado por “Obradoiro Danza Clásica”. Consistiu na elaboración dun telón de de 7 x 9 metros de lenzo para un espectáculo de danza, cuxo argumento estaba baseado na película de animación “El Rey León” (1994). Entre o 19 e o 27 de abril de 2001 os alumnos de 1º e de 2º do Ciclo Superior de Ilustración colaboraron coa autora do proxecto na súa realización práctica.

A enorme ilustración estaba destinada a ambientar unha escena da obra, na cal debería axudar a xenerar un clima dramático. Para elo, a autora tivo en conta os tonos do vestiario dos bailaríns e o efecto nocturno das luces de tonos fríos e de intensidade baixa, ademáis do atrezzo e dos practicables que habería na escena durante a representación. Todo elo foi planificado tendo en conta os datos aportados polo cliente, que solicitou un tipo de imaxe que non fose de estilo infantil nin herdeira do “estilo Disney”.

Ir á portada de proxectos