Exercicio de animación realizado para os títulos de crédito da adaptación para o cine do videoxogo de acción Metal Gear Solid, inspirado polo traballo que Kyle Cooper fixo para algunhas edicións deste videoxogo.
Empregáronse as ilustracións do artwork orixinal dos xogos. O elemento principal de animación é unha cámara que percorre os elementos bidimensionais nun espazo tridimensional. Tamén o audio traballouse específicamente para a composición mediante o uso de Pro Scores.
Buscouse trasmitir a sensación, tensión e ambiente propio dos xogos.