No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Mael

Patricia Hueso

Ano do proxecto: 

2020

TFG de Deseño Gráfico

Actualmente os móbiles son un obxecto indispensable nas nosas vidas. Todos os sectores queren o seu oco neste novo formato e como non, o mundo do videoxogo non se quere quedar atrás. Aínda que podemos atopar unha gran oferta de videoxogos para os nosos smartphones, están moi lonxe de ofrecernos a experiencia que nos brinda consolas e PC; e moi lonxe de aproveitar todo o que nos ofrecen estes pequenos ordenadores portátiles. Mael nace desa necesidade de tomarnos o móbil en serio, de explotar todas as súas posibilidades e de adiantarse a unha nova consola portátil accesible a todo o público creando un produto novo e atractivo.

Mael é un videoxogo de rol mundo aberto dun só xogador exclusivo para móbil. É un proxecto de investigación no que se estudou o seu formato, competidores, público entre outros puntos clave para buscar necesidades, problemas, acertos á hora de crealo. Un dos principais problemas aos que se enfrontaba Mael era o seu formato e a mala fama que teñen moitos videoxogos para móbiles por culpa de produtos non ben executados.

Para solucionar tal problema mesturouse a estratexia utilizada en videoxogos exclusivos de consola (unha historia pensada, un deseño acorde, un márketing…) coa das aplicacións móbiles (pensadas para un formato pequeno, pantalla táctil…). A suma de investigación e deseño deu como resultado un produto cargado de simbolismo, limpo e cómodo no que todo encaixa e funciona.

Historia, deseño e formato van collidos da man facendo de Mael un proxecto de innovación atractivo para un público que ten nas súas mans o futuro dos videoxogos.

Un pouco de Mael:

Start
Porque non hai partida igual, non hai pantalla igual. Múltiples pantallas pensadas para resumir datos e información aumentando a experiencia de xogo. Saberás que che deron sen necesidade de adornos.

Resumimos?
En Mael temos moitos datos e para resumilos que mellor que unha boa iconografía. Máis de 150 iconas para navegar mellor por toda a interface.

Érase unha vez…
Cunha historia enlazada a unha paisaxe nevada; branco, gris e negro tómanse como protagonistas dunha interface clara, limpa e minimalista.

Toca, toca e toca.
Desliza, aumenta, reduce e volve deslizar. Non te quedes ciegx. Co táctil e un deseño adaptable poderás ver desde un punto máis xeral ou aumentar ao detalle mapas, recursos e moito máis.

O tamaño importa.
Un formato tan pequeno fai imposible ter todo a disposición pero con menús deslizantes, pantallas infinitas, emerxentes e demais non hai límites para o móbil.

Ir á portada de proxectos