No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Lilium

Jairo Ramos

Ano do proxecto: 

2018

Material: Contrachapado de ocume e freixo

LILIUM é un percheiro que xorde a partir dunha lámina de madeira contrachapada curvada que, ao repetirse radialmente, crea unha esvelta columna que se abre de forma circular semellando a división dos pétalos desta flor. Unha delicada corola que aflora cada mañanciña para amosar toda a súa frescura.

Estruturalmente pártese dun módulo plano, sinxelo, de forma curva, que ao unilo co seu compañeiro e curvalo posteriormente, configura unha peza de forte carácter escultórico. Ademais, ao xuntar os elementos contrapeados, outórgaselle esa forma de inspiración orgánica que guiou o proxecto dende as súas orixes. As súas patas xorden separadas dende o chan, para xuntarse logo no tronco e seguir elevándose ata a copa, onde volven de novo a abrirse e conformar, finalmente, os seis colgadoiros.

Ir á portada de proxectos