O obxectivo deste traballo é narrar en imaxes a intervención en diferentes proxectos arquitectónicos do estudo de deseño de interiores EQUIPO EME (Ourense).Móstranse dous espazos moi diferentes: a rehabilitación dun ático para vivenda e o deseño dunha clínica de estética. Neles pódese atopar a linguaxe de deseño propia deste estudo: o emprego da madeira para engadir quentura, a iluminación indirecta ou os mobles integrados no espazo construído. A aproximación fotográfica centrase en describir o volume e a dimensión dos espazos así como o tipo de utilización final que terán.