No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

HEII

Noa Alonso Casares

Ano do proxecto: 

-

Kit familiar de educación lúdica sobre a ansiedade.

Gran parte da sociedade cando escoita a palabra ansiedade non sabe o que é nin o que provoca na persoa. Este feito fai que moita xente teña ansiedade e non a detecte; por outra banda, os que non o teñen, interprétano como unha esaxeración para chamar a atención, dando lugar a enfrontamentos e falta de apoio.

Este proxecto naceu para axudar aos membros da familia a entender a ansiedade e establecer lazos naquelas relacións que se viron danadas por falta de empatía ou coñecemento. Por iso, este kit educativo podería ser unha peza a poñer a disposición de estas persoas e das súas familias, permitíndolles comprender e axudar á persoa con ansiedade no seu día a día, sendo parte dos seus logros.

Heii está composto por hei mr.coco e diario heii.

Hei mr.coco é un xogo de preguntas e respostas, formado por 5 categorías (adiviñanzas, animais, arte, cálculo e xeografía), cuxo obxectivo é crear un ambiente distendido e divertido onde se reforce a confianza e o afecto entre as persoas. Todos os xogadores, resolvendo as preguntas, gañan anacos de madeira que usarán para crear un amuleto que levarán diariamente. Este obxecto permitiralle recordar momentos agradables nos momentos máis irritantes.

Heii Diario é un libro de actividades para dúas persoas, que lles permitirá coñecerse un pouco máis e que pouco a pouco a palabra ansiedade non sexa unha terminoloxía descoñecida. Consta de 152 páxinas, cuxo contido divídese en 5 capítulos constituídos por sesións que conteñen actividades, xogos de todo tipo e ao final unha sección onde se mostra información detallada sobre o tema a tratar. A particularidade deste libro reside na distribución das súas páxinas, obrigando a ambas persoas a realizar as actividades ao mesmo tempo. O libro está cuberto de tea co logotipo bordado, xogando así coa textura e o volume.

Todo o proxecto está infundido de tranquilidade, diversión, benestar e sobre todo proximidade, polo que ten multitude de elementos, texturas e cores que potencian e reforzan as sensacións.

Finalmente, todo está protexido e gardado nunha caixa de madeira maciza, que se pode usar como decoración para o fogar.

Ir á portada de proxectos