Cosewing é un espazo concebido para deseñar, producir e vender coleccións de moda. A súa idea xeradora baseouse precisamente en comunicar todo o proceso moi ben, facendo especial fincapé na recuperación do valor perdido da costura e das prendas feitas a man. Todo iso, vertendo o interior cara a fóra e proposto dentro dun paseo profundamente sensible e pedagóxico do conxunto proxectado.
Para que se vexan todas as funcións que se levan a cabo no interior dende fora, créase un baleiro interior en paralelo á fachada principal, conseguíndose ademais con este xesto, encher o soto con iluminación natural ideal para unha zona de traballo máis, aportando unha unión visual do todo.
A conexión vertical dos 3 andares tamén ten lugar nesta franxa e realízase a través das escaleiras como enlace de conexión entre as plantas. A formalización deste baleiro, faise cunha nova estrutura a través de paneis configurados con perfís metálicos estruturais e unha malla metálica, que conforman unha “segunda fachada” onde se amosa a estética de Co-costura, que representa diferentes tipos de puntos no tecido. Estes paneis filtran a luz natural que é importante debido á orientación da fachada cara ao sur e, ao mesmo tempo, como barreira de protección desa dobre altura. Esta “segunda fachada” formada por paneis de 1,20 m foi fundamental para o desenvolvemento de parte do proxecto. Cada módulo forma un rectángulo con dous perfís tubulares verticais e dous horizontais CHS soldados entre eles e unha malla de aceiro branco que nos dá a transparencia necesaria para unha vista de fóra a dentro. Nesa reixa están entrelazados cordóns de seda. A dimensión dos paneis tamén se usa para o deseño do chan e no teito para a iluminación e as pezas onde se colocan as prendas. A varanda das escaleiras tamén segue esa medida ademáis de parte do mobiliario.