No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Croma

Iago Román

Ano do proxecto: 

2016

TFE Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico. Curso 2015-16

Croma acaba de chegar para cambialo todo!

Croma é a nova canle da Televisión de Galicia, cunha nova identidade, aspecto e estrutura, procurando reinventar e innovar fronte ao seu modelo anterior. Facendo un emprego activo dos medios dixitais e das redes sociais, Croma constrúe unha experiencia enfocada ao usuario, permitindo a un amplo rango do seu público xuvenil a escolla dos seus contidos favoritos.

Baseado nun código cromático, esta plataforma dixital proporciona todo tipo de contido, dando cabida á todas as etapas da mocidade, dende cativos até adultos novos.

Croma reúneos nun espazo único, onde os medios dixitais, a lingua galega e os propios usuarios son os protagonistas.

O compromiso da cadea coa cultura galega é un dos principais obxectivos do proxecto. Un redesign integral, un enfoque vangardista e a mellor selección de contigo en lingua galega convérteno nun axente normalizador e nun formato comprometido coa realidade lingüística do seu tempo.

Ir á portada de proxectos