“Carreteras” é unha campaña de promoción do homónimo tema musical da banda galega Dakidarría.
Cargado de optimismo e cun estilo transgresor, este proxecto está creado tendo en conta o contido político da banda, o que xerou como resultado unha imaxe e publicidade coherentes cos valores do grupo. Tras tomar como referencia formal e conceptual os movementos “contraculturais”, creouse unha extensa campaña composta por un videoclip, realizado coa técnica motion graphic, diferentes spots, unha páxina web, publicidade exterior, packaging discográfico, merchandising, etc. Esta campaña cobre, dunha maneira orixinal, todos os medios básicos de achegamento ao espectador.
Sitio web
www.pisandogasafondo.com