O feito de desenvolver unha enfermidade cun índice mortal tan alto como o cancro non é sinxelo para ninguén, pero moito menos éo cando o paciente é un neno.
Este proxecto nace dun sentimento, provocado polo simple feito de unir dúas palabras: Neno e Cancro. Dúas palabras que nunca deberían estar unidas.
Por tanto esta peza poderíase dicir que é unha ferramenta que pór ao servizo destes nenos e a súa familia, para afrontar a enfermidade e os problemas que poidan xurdir durante a mesma, desde a unión, a comprensión, o descubrimento e a terapia do xogo.
Cáncer consta dun libro de 54 páxinas divididas en tres capítulos con lecturas e xogos de implicación, onde ao final de cada un, descubriremos mensaxes de carácter positivo e emocional, cargados de sentimento e valores.
Ademais, durante toda esta nova aventura, acompañaranos un fiel amigo que será o noso compañeiro de viaxe, e que entregará a súa forza, a súa valía e a súa amizade. Todo un claro exemplo de modelo a seguir.
Para complementar as actividades do libro teremos unha bolsa de tea composta por 15 bloques de madeira, que nos permitirán expresar os nosos sentimentos e emocións. Un monóculo, tamén necesario para algunhas actividades, que nos permitirá ver cousas que a primeira ollada non están. Por último, un packaging en forma de maleta de viaxe para conter, protexer e transportar o produto.
Este proxecto está dedicado a todos esas persoas que o fixeron posible, e como non ía ser menos, en especial, a todos eses/as pequenos/as grandes heroes e heroínas que loitan cun sorriso.