No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño gráfico

Brandtrait. Creatividade online, dende Galiza & worldwide.

Gabriel Martínez Cabrera

Ano do proxecto: 

2020

TFE curso 2019-20

Este traballo é o resultado do desenvolvemento da marca persoal e do portfolio web do autor. Tamén inclúe o perfil da marca en redes sociais como Facebook ou Instagram e o Brand Identity Guidelines, que explica cómo usar a marca correctamente e o que se pretende transmitir con cada trazo, forma e cor. O obxectivo é lograr unha identidade corporativa e visual coherente co estilo do portfolio e a personalidade do deseñador.

A marca pretende transmitir optimismo e seguridade comunicándose con claridade a través dunha linguaxe moderna e minimalista, para ser visto como un profesional confiado e decidido. Os principais valores da marca son a empatía e a liberdade.

A través da marca ofrécense servizos online de deseño gráfico e dirección creativa especializados en identidade visual corporativa e dirixidos a pequenos empresarios con grandes soños que precisan mellorar a súa identidade de marca. Brandtrait céntrase nun target que valora a flexibilidade horaria e xeográfica que ofrece un servizo remoto, sen renunciar a un tratamento personalizado one-to-one.

Facer este traballo fíxome pensar nas miñas habilidades e ambicións como deseñador gráfico e no modo de comunicarme para acadar os meus obxectivos.

Ir á portada de proxectos