No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Fotografía

Brais Lourenzo Couto

Brais Lourenzo Couto

Ano do proxecto: 

2019

Brais Lorenzo Couto (Ourense 1986) é Técnico Superior en Fotografía Artística pola EASD Antón Failde de Ourense e na actualidade cursa estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Vigo.

Correspondente gráfico da Axencia Efe e colaborador do xornal Faro de Vigo na provincia de Ourense dende o ano 2010. Colaborou con axencias como AFP ou AP e medios como El País, El Mundo, ABC, La Vanguardia, Interviú ou The Guardian.

As súas imaxes teñen sido distribuidas en medios como The New York Times, The Washington Post, USA Today, Aljazeera, The Telegraph, Bild ou Time.

Galardoado con dous premios SINIF (2012 e 2013) por coberturas de incendios forestais e coa mención especial no Galicia en Foco 2017.

Os seus esforzos actuais céntranse en continuar a súa formación académica e rematar varios proxectos documentais abertos.

Ir á portada de proxectos