No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Ebanistería Artística

Batea

Ester Núñez

Ano do proxecto: 

2020

BATEA nace como unha mesa auxiliar de sofá. É un moble central, cun mesado de estrutura asimétrica en forma de diamantes, o que lle confire unha gran forza visual. O sobre da mesa repousa sobre tres patas unidas por dous traveseiros apoiados no chan, unidos con cola de miñato.

BATEA componse de dúas madeiras elixidas pola súa dualidade, tanto en estética coma en orixe e en representación. Faia e nogueira do país. Sobre o seu mesado, incrústanse uns módulos con forma idéntica. Coma unha marquetería informal. Esa artesanía de marquetería lémbranos ao sur de Europa ás marqueterías granadinas e ás de Damasco. Nogueira do país é a madeira elixida para os seus módulos, neste caso, polos seus encontros diversos, as súas formas variadas, o que supuxo escoller entre varias pezas de madeira con coidado. Eses módulos crean un ritmo que recorda unhas bateas á deriva. O que lle deu o seu nome … BATEA… Madeira: faia e sapelli.

Ir á portada de proxectos