No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
Deseño de interiores

ASSAM. Unha tenda de té.

Javier Pérez

Ano do proxecto: 

2020

Traballo Fin de Estudos

A idea do proxecto baséase en 3 premisas fundamentais que non só inspiraron a propia idea, senón que tamén se converteron nos valores que axudaron a tomar tódalas decisións do proxecto.

A primeira das premisas foi que o deseño do espazo debería transmitir o mesmo que o produto vendido. O té é un produto moi natural, sinxelo e con pouco procesamento, polo que o concepto debe relacionarse e expresar a parte máis natural do produto.

O segundo foi introducir elementos da cultura que rodea ao té, debido ao seu grande impacto nel.

O terceiro ten que ver co espazo onde se tiña que traballar, queríase eliminar a forma do recipiente, facéndoo que fora so iso, para albergar un novo contido.

Polo tanto, a idea final é crear un deseño que suxira un espazo conseguido a través de elementos relacionados co té e a súa cultura.

Ir á portada de proxectos