O PROXECTO
Nun lugar onde o río se funde coa historia e a tradición dun pobo estreitamente ligada ao curso das súas augas; descubrín a historia dun muíño: Un muíño ao que lle tocou estar á marxe esquerda do río Arnoia e só por ese motivo converteuse en muíño fariñeiro e non de curtidos. Un muíño que naceu como edificio e que se converteu en referente dunha comarca, un muíño con tres pedras de moer que eran a envexa de moitos outros muíños, un muíño que escoitou cancións no seu interior, que acubillou reunións de pobo, que foi testemuña de decisións entre veciños, que albergou secretos, un muíño que sufriu os avances tecnolóxicos e tentou sen moito éxito converterse en central eléctrica, un muíño que sufriu saqueos, un muíño que o foi todo e que acabou como moitos outros sendo nada, unha ruína. Pero unha ruína pola que aínda flúe a auga, e do mesmo xeito que o sangue mantén vivo un organismo, esta auga volverá darlle vida.
A vinculación da auga co edificio ao longo de toda a súa historia foi a clave para o desenvolvemento do proxecto. Así, incorporando, reinterpretando e evocando a súa contorna desenvolveuse un concepto de proxecto alusivo á natureza á auga e á vida. Deséñase un novo edificio sobre a base e a historia dun existente, mantense a fachada do edificio orixinal que xa ten un gran arraigamento entre a poboación, e asimílase a un gran colector que vai albergar dous módulos interiores; estes dous módulos interiores xéranse de vidro para manter a conexión visual coa pedra da ruína e ao mesmo tempo contrastar nas súas cualidades, a densidade, opacidade e hermetismo dun contra a lixeireza, transparencia e vontade de diálogo coa súa contorna do outro.
O CLUB
O club de piragüimo Allariz leva máis dunha decada promocionando un deporte minoritario como é o piragüismo.Este proxecto pretende situar o club en unnuevo espazo apto para o desenvolvemento desta actividade e cubrir o seu programa de necesidades.
DESEÑO SUSTENTABLE
No desenvolvemento deste proxecto estivo sempre presente o deseño sustentable do mesmo, xa que en todo momento partiuse da importancia da contorna no que se acha e a conexión existente entre contorna, auga e vida. Tres factores especialmente ligados a este concepto.Desta maneira o edificio xerouse practicamente exento da estrutura orixinal, con materiais dun baixo impacto ambiental, prefabricados e de montaxe en seco na súa maioría para reducir os tempos de execución, con aplicación de fixacións mecánicas que permitan desmantelalo cun mínimo de danos á contorna onde está situado, sendo elementos que se poden reciclar. As únicas divisións interiores existentes realizáronse mediante tabiques de xunta seca, executados cunha estrutura de formación mediante unha armazón de dumientes, montantes e alicerces (no caso do muro portante) que reciben un dobre taboleiro de cemento hidrófugo e un acabado posterior dependendo da súa localización. Márcase a orientación existente do edificio pero realízase unha distribución principal de leste a oeste que facilita a captación solar pasiva e a ventilación natural cruzada. Priorízase a luz natural, mediante a elevación do módulo de vidro da edificación principal. Mantemos a vexetación circundante, saneándoa na medida do posible, de tal forma que o edificio recibe luz norte óptima e a luz sur matizada a través da vexetación e do muro existente do edificio orixinal. Illáronse as superficies, as paredes, forxados e teitos convenientemente así como a inserción do dobre acristalamento en todas as carpintarías para reducir o consumo de enerxía. No referente á climatización do edificio instalouse unha turbina para abastecer as súas propias necesidades, con apoio de paneis solares e unha bomba de calor, tanto para cubrir o volúmen de auga quente e a climatización do edificio como para minimizar o consumo enerxético e reducir a contaminación ambiental. Implantáronse sistemas de aforro de auga en billas e duchas, así como limitadores de caudal
O MOBILIARIO
Mobiliario pensado para ser flexibel e cubrir as necesidades dos seus usuarios e as distintas ergonomías, xa que abarcan diferentes idades, desde os 4 anos aos… Mediante un sistema de listóns con fendidos, o mobiliarío é facilmente intercambiabel en alturas e posición, isto é posibel cun sistema de fixacións móbiles cun axuste horizontal.