Gráfica do 12 Aniversario da empresa 4Elementos.
Foi necesario dotar dunha identidade común sen discrepancias a todas as accións e aplicacións realizadas.
A campaña gráfica é inclusiva/conectora, a idea conceptual é a de construír, cumprir un ano máis.
Móstranse todos os conceptos citados anteriormente mediante elementos arquitectónicos, principalmente as vigas; os alicerces que sustentan toda a carga. As vigas son a representación dos cimentos, de todo o que hai detrás dunha estrutura , cada peza é importante, as vigas están unidas entre si, fala estreitamente da unión do equipo, da unión cos colaboradores, utilizando as liñas descontinuas para falar da proxección, a unión entre presente, pasado e futuro.
Pretendeuse plasmar una serie de conceptos estreitamente relacionados: crecer, cumprir (+1), reformar, mellorar, peza (compoñente/equipo), cimentos, bases… Á vez isto únese co concepto de colaboración e a estética obreira. Búscase que todo estea ben compactado, ben atado. Preténdese captar novos coñecedores/clientes mediante unha aparencia urbana, elegante, fresca e cun toque despreocupado. Cor e tipografía teñen un peso importante nas composicións.
Preténdese buscar un toque moderno e contemporáneo. Trabállase co mesmo concepto en todas as aplicacións pero dotándoo dunha aparencia distinta, distintos tipos de ensamblaxe. As aplicacións realizadas son: o mailing, portada tenda online (versión pc e versión móbil), post Instagram, Facebook e Twitter, stories Instagram, adhesivos e material pantallas (pantalla modular e cristal view). En 4Elementos a canle escollida para todas as campañas é o online/dixital xa que o seu público obxectivo usa como medio comunicativo o dixital, para comparar, compartir, informarse e estar ao tanto das últimas novidades de 4Elementos.