09/11/2022
Yael de Lorenzo Lamas acaba de recibir o primeiro premio no certame Xuventude Crea 2022, na categoría de Fotografía. Yael é alumna do Ciclo Formativo de Grao Superior Fotografía na EASD Antonio Faílde e o xurado seleccionou a súa serie "Mocidade" entre o grande número de participantes.
"Mocidade" forma parte xa da exposición colectiva temporal que se pode ver na Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela) e na cal se expoñen os traballos premiados. Posteriormente, pasará a formar parte do museo dixital: www.museoxuventudecrea.gal
Xuventude Crea, convocado pola Xunta de Galicia, leva trece anos premiando as propostas creativas da mocidade galega pertencentes a 14 categorías artísticas: teatro, música, novela curta, poesía, video creación, banda deseñada, arte urbana, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (esta última comprende as modalidades de pintura e escultura). O primeiro premio de cada categoría ten unha dotación económica de 3.000 €.
Parabéns Yael! Desexámosche que de aquí en diante teñas moito éxito nas artes
Ligazón