Data: 29 abril / 26 maio
Lugar: Biblioteca Pública Nós Ourense
“Sacando viruta. Artesanía e deseño” realizada dende o departamento de Ebanistería Artística da EASD (Escola de Arte e Superior de Deseño) Antonio Faílde de Ourense. A exposición nace coa intención de mostrar os traballos realizados tras cinco anos do inicio dos Estudos Superiores da especialidade, coa intención de visibilizalos e facer balance do realizado.
O título da exposición ten o significado metafórico de extraer o material residual da madeira e construír a forma, tanto no sentido dos mobles e obxectos creados como no sentido de formarse, de irse labrando como artesán ebanista.
As pezas mostradas son unha trintena, entre mobiliario e obxectos pequenos, e caracterízanse por unir proxecto e proceso nun camiño de aprendizaxe entre o manexo do material e a concreción do mesmo.
A maioría dos obxectos situados en vitrinas son pezas pequenas realizados en talla que mostran as texturas da ferramenta sobre o material que se quere enxalzar. Trátase de contar historias que constrúen significados evocados coa forma e os títulos, para así transcender ao mero uso funcional dos mesmos e achegarnos un valor estético engadido.
O mobiliario é de liñas limpas e atemporais onde se aplicaron técnicas de ebanistería como a taracea, os torneados, os ensambles e diferentes sistemas de curvados, sendo as formas moi sinxelas pero os procesos artesanais moi complexos onde se unen artesanía e deseño para crear pezas únicas.
Se aposta por unha cultura do deseño que actualice as formas nun mobiliario contemporáneo, sempre tendo en conta o respecto á tradición, aos procesos e ao material, buscando a aprendizaxe do oficio, a renovación da linguaxe plástica e unha opción de crecemento sostible.
Participantes: Jairo Ramos, Alberto Salgado, Jesús Pacheco, Maikel Lorenzo, Carmen Muñiz, Daniel Vázquez, Iría Fernández, José Luis Fernández, Marcos Pérez, Fernando Ferradás, Manuel González, Tomás García, Ester Núñez, José Antonio Alonso, Abel Fernández, Carlos Santomé, Esther Pérez, Alex Fernández, Antonio López, Diego González, Fernando García, Jaime Vázquez, Luís Manuel Almonte e Marcos Ferro.