Data: Martes 25 de Marzo de 2014 ás 12:00h.
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde.
A conservación dos bens culturais, para a súa pervivencia e desfrute polas xerazóns futuras, é unha responsabilidade compartida por diversos actores: os profesionais e institucións vencelladas de diversos xeitos ao patrimonio, que traballan directamente sobre os bens; os gobernos e administracións, que lexislan e regulan a súa protección e as actuacións que se poden executar; e en última instancia a mesma sociedade civil, que debe ser consciente da importancia desa preservación para coñecer a súa historia, así como atender para evitar a súa destrución.
O patrimonio moble, definido e regulamentado en varios textos legais, debe se someter, para acadar a súa conservación, a unha serie de actuacións, realizadas polos restauradores seguindo uns criterios básicos, establecidos por diversas institucións e unanimemente aceptados.
Logo do estudo previo do ben, a súa historia e do medio que o rodea, executaranse primeiro intervencións de conservación preventiva, sobre as condicións da súa contorna. Unha vez estabilizadas e controladas estas, levarase adiante, se cómpre, a restauración sobre o mesmo ben, de xeito respectuoso con el, e actuando só naqueles aspectos necesarios para acadar a súa preservación e comprensión.