Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
Crea

CREA 2025. IV Xornadas de Arte e Deseño da EASD Antonio Faílde.

Por

Dirección

Publicado o

19/03/2025

Data: 1, 2 e 3 de abril de 2025.

Lugar: EASD Antonio Faílde.

A Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde celebra as súas cuartas xornadas CREA.

Este evento realízase bianualmente desde hai oito anos e pretende visibilizar as actividades e a oferta formativa da EASD na súa contorna social, cultural e produtiva, ofrecendo interesantes conferencias de prestixiosas/os profesionais das artes aplicadas e do deseño, así como a posta en valor dos proxectos do seu alumnado egresado. Os actos das xornadas celebraranse os días 1, 2 e 3 de abril na sede EASD dentro do recinto educativos Universidade Laboral no barrio da Cuña.

Para esta edición contaremos coa presenza de grandes referentes dos ámbitos das artes aplicadas e o deseño. O martes 1 de abril teremos á deseñadora tipográfica Laura Meseguer gañadora, entre outros, do premio Type Directors Club de Nova York. O mércores 2 de abril será a rolda da cineasta Mercedes Álvarez que obtivo numerosos premios internacionais como o Tiger Award no Festival de Rótterdam ou o Primeiro premio no certame Cinema du Reel de París, e Sonia Pulido ilustradora e gañadora do Premio Nacional de Ilustración 2020. O xoves 3, visitarannos a prestixiosa arquitecta e deseñadora de interiores Laura Ortín e o deseñador de produto Ismael Velo, premio ao talento emerxente na IV edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño.

Outros actos a desenvolver serán:

O martes 1 de abril, a inauguración da exposición do estudo Pruden Tattoo, un interesante proxecto de Anxo Varela e Lúa Lomo que combina tatuaxe, ilustración e deseño gráfico, cuxa palestra terá lugar na tarde dese día, xunto coas de Zeltia Iglesias e Xurxo Baca, profesionais do deseño gráfico e exalumnos/as da escola. Tamén na mañá dese día, celebrarase o acto de presentación de Nimia, o anuario 2024 da EASD Antonio Faílde e a entrega dos Premios de Dinamización da Lingua Galega 2024 a proxectos finais do alumnado.

O mércores 2 de abril proxectarase o documental do creador audiovisual David Hernández “Ollar, escolma da fotografía galega contemporánea”, os fotógrafos Toni Cortés e Lois Cid presentarán o fotolibro “MAN” e as ilustradoras, exalumnas da EASD, Blanca Muñiz, Elena Andrés e Maiky Odel partillarán as súas experiencias profesionais.

O xoves 3 de abril a ebanista Chus Lamas impartirá unha conferencia sobre o seu obradoiro artesán O Covil e a exalumna da escola Andrea García, galardonada con varios premios, presentaranos os seus proxectos profesionais de deseño de interiores. Tamén presentarán o seu proxecto “O Xardín de Casandra” premiado no Festival Internacional de Deseño de Xardíns de Allariz as alumnas do Grao de Deseño de Interiores María Molina, Iria Pereira e Carla Villar.

A EASD Antonio Faílde convida a toda a cidadanía a achegarse a estes actos para coñecer de preto a actualidade dunhas prácticas profesionais plenas de creatividade e técnica, moi necesarias e demandadas pola sociedade e o ámbito produtivo. A esta formación nos dedicamos, coa vocación de contribuír ao progreso social e económico da nosa cidade e do País. Esta é a nosa razón de ser.

Descarga o programa das CREA 2025 (versión móbil)

----------------------

Organiza:
Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde
Avda. Universidade Nº18
32005 · A Cuña · Ourense

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
Crea
VER EN DIRECTO

CREA 2025. IV Xornadas de Arte e Deseño da EASD Antonio Faílde.

1, 2 e 3 de abril.

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →