Data: Mércores 2 de abril ás 12:30h.
Lugar: EASD Antonio Faílde.
Sonia Pulido (Barcelona 1973) é un dos nomes fundamentais da ilustración española deste século. Formada en Belas Artes na especialidade de gravado, participou dende nova en publicacións de banda deseñada como El Puñalito, Esquitx, Dos Veces Breve, Tos ou Stripburger. Publicou coa editorial Sinsentido as novelas gráficas Puede que esta vez (2006) e Duelo de Caracoles (2010).
Dende 2006 dedícase principalmente á ilustración para prensa en cabeceiras como El País, Harper´s Bazar Spain, Rockdelux, Marie Claire, o Jot Down. Tamén traballa con selos editoriais como Random House, Nube Ocho, Editorial Catalonia, Alfaguara, Anaya, Lumen e SM entre outros. Algunhas das súas publicacións máis recentes son What a tock can explain (Phaidon Press, 2024), La Campana de Cristal (Random House, 2023), Superpoderes Animales (Zahorí 2023), Más putas que las gallinas (Nube Ocho, 2022), A súa obra publícase en medios de todo o mundo como The New Yorker, The New York Times, The Wall Street Journal, AD France ou The Boston Globe entre outros. Na súa traxectoria ten recibido premios nacionais e internacionais como Junceda, Injuve, Young Illustrators Award, American Illustrators Award, ou Award of Excellence Comunications Arts Magazine. No ano 2020 otorgóuselle o Premio Nacional de Ilustración.