Data: Martes 1 de abril ás 17:00h.
Lugar: EASD Antonio Faílde.
É un proxecto creado por Pruden (Anxo Varela) e Lúa Lomo en 2019.
O nacemento de Pruden Tattoo comezou, como seu nome indica, arredor da tatuaxe. As inquedanzas e tamén as necesidades da vida leváronos á creación dunha tenda online onde venden láminas, roupa e accesorios; a fundar o Choro Club, un estudo onde realizan obradoiros, tatuaxes e propostas diversas, e a estar viaxando e tatuando por Europa boa parte do ano.
Mediante o deseño e ilustración, colaboran con diferentes proxectos e entidades, como a tenda de deseño da Bauhaus en Dessau, o xornal francés Le Monde, distintos cartaces de eventos musicais como o do Festigal 2023, a promocion do filme Amor de Madre de Netflix, así coma murais, portadas de discos ou mesmo menús de restaurantes ou deseños para diferentes marcas.
Pruden (Anxo Varela), cursou o bacharelato artistico na Universidade Laboral. É graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Leva 9 anos traballando como tatuador e ilustrador.
Lúa Lomo é graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou estudos de patronaxe e corte e confeccion, asi como diferentes formacións en creación de contido e redes sociais. Leva dende o 2019 traballando con Pruden. Nun comezo traballando exclusivamente como manager, e co tempo colaborando na creación de contido, no deseño de coleccións e tamén na colaboracion con outras marcas e proxectos.