Data: Martes 1 de abril ás 11:00h.
Lugar: EASD Antonio Faílde.
Na xornada inaugural das CREA 2025, a EASD Antonio Faílde presenta "nimia", o seu o anuario de creatividade 2024.
Como de costume, os contidos distribúense entre proxectos do alumnado e colaboracións externas. Nesta ocasión contamos cos artigos de Daniel Vila, Carme Adán, Judit Cendón e Miguel Abelleira.
O Anuario da EASD Antonio Faílde ten xa unha traxectoria de 16 anos, promovendo o traballo do seu alumnado, dando a coñecer a oferta educativa da escola e difundindo a súa atividade na contorna social, cultural, profesional e produtiva. A publicación é distribuída gratuitamente en centros de ensino, institucións académicas e culturais, empresas e profesionais da arte e o deseño.
Neste tempo ten contado coa colaboración das/os seguintes artistas e deseñadoras/es de referencia: Manuel Estrada, Eduardo Aires, Artur Rebelo (R2 Design), Pepe Barro, Uqui Permui, Dino dos Santos, Laura Messeguer, Josep Mª Mir, Andrew Howard, David Barro, María Ramos, Marcos Vinicius de Souza, Iván Prieto, Miguel Mosquera, Óscar Gonfer, Cibrán Rico e Suso lópez (Desescribir), Dani Bembibre e David Silvosa (Costa Comunicación), Xabier Rilo, Ricardo Tubío e Manuel del Río (Cenlitrosmetrocadrado), Marcos Dopico, Xosé Lois Vázquez, Xurxo Baca, Xosé Antón Castro, Alberto Ariza, Álvaro Valiño, Pablo Otero, Santi Gutierrez, Miguel Robledo, Isabel Seidell, Manuel Álvarez, María Santos e Martiño Fontes (EquipoEme), Simón Blanco, Rodrigo Chao, Alfonso Prada, Rubén Vilanova e Marcos Casas (GrisMedioStudio), Elena Fabeiro, Manuel Gago, Frank Bushmann, Manuela Soto, Víctor González, Jorge Perianes, Manuela Martinez e Carmen García (LaLata), Lois Méndez, Colectivo PuntoOnce, Hector Barros, Elias Cueto, Jorge Carril, Abel Boama, Isabel Neira, Jennifer Novoa e Alicia Seoane.
O anuario mantén, ano a ano, a mesma estrutura de contidos e formato. Polo demais, varía no nome, identificador visual, deseño e maquetación, fruto das diferentes propostas do alumnado da disciplina Deseño Editorial do terceiro curso das Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico, de entre as que se selecciona unha. Nesta ocasión foi escollida a deseñada por Patricia Velasco e Noelia Pampín coa dirección de arte do docente Toño Ferreiro.
Nesta ligazón pódense consultar todos os números publicados.