Data: 24, 25 e 26 de abril de 2023.
Lugar: Centro Marcos Valcárcel e EASD Antonio Faílde.
A Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde celebrou as súas terceiras xornadas CREA.
Este evento realízase bianualmente desde hai seis anos e pretende visibilizar as actividades e a oferta formativa da EASD na súa contorna social, cultural e produtiva, ofrecendo interesantes conferencias de prestixiosas/os profesionais das artes aplicadas e do deseño, así como a posta en valor dos proxectos do seu alumnado egresado.
Os actos das xornadas celebráronse entre os días 24, 25 e 26 de abril nas dúas localizacións habituais; O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, no centro da cidade, e a sede da propia EASD no barrio da Cuña-Mariñamansa.
Para esta edición contamos coa presenza no Centro Cultural Marcos Valcárcel de grandes referentes dos ámbitos das artes aplicadas e o deseño. O luns 24 de abril tivemos a Fernando Vicente (Madrid 1963), pintor, ilustrador, creador de banda deseñada e gañador de varios Award of Excellence da Society for News Design. O martes 25 de abril foi o turno de Francisco Fra (San Cibrao - Mariña lucense, 1965), quinta xeración dunha saga de carpinteiros de ribeira e Francesc Rifé (Sant Sadurni 1969) deseñador de interiores e gañador dos premios FAD, ContractWorld ou ASCER. O Mércores 25, o deseñador gráfico Manuel Estrada (Madrid 1953), Premio Nacional de Diseño e o cineasta Jaime Rosales (Barcelona 1970) Premio Goya, Cannes e S. Sebastián departiron, respectivamente, sobre diversos aspectos do deseño gráfico e a fotografía no cinema. Outros actos desenvolvidos nesta sede foron: o día 24, o acto de presentación do anuario da EASD Antonio Faílde e a entrega dos premios de dinamización da lingua galega a proxectos finais do alumnado e o día 25, un interesante coloquio de Francesc Rifé cos chefs do restaurante Nova, Daniel Guzmán e Julio Sotomayor sobre o deseño de espazos na restauración.
Na sede da EASD Antonio Faílde desenvolvéronse o resto de actividades: o luns 24 de abril, a inauguración da exposición Peles de 7”, un interesante proxecto que combinou ilustración, tatuaxe e coleccionismo de vinilo, seguido da palestra sobre tatuaxe e cultura underground de David Diz e Simón Seoane, antigos alumnos da escola. O martes 25 de abril Jennifer Novoa e o Colectivo OllO, alumnado egresado de fotografía, expuxeron as súas actuais investigacións e proxectos e o mércores 26 de abril impartiu unha conferencia Isabel Neira, recoñecida profesional da artesanía en madeira.
A EASD Antonio Faílde convidou a toda a cidadanía a achegarse a estes actos para coñecer de preto a actualidade dunhas prácticas profesionais plenas de creatividade e técnica, moi necesarias e demandadas pola sociedade e o ámbito produtivo. A esta formación nos dedicamos, coa vocación de contribuír ao progreso social e económico da nosa cidade e do País. Esta é a nosa razón de ser.
----------------------
Organizou:
Escola de Arte e Superior de Deseño Antono Faílde
Avda. Universidade, 18, A Cuña-Mariñamansa, 32005 Ourense
Colaborou:
Centro Cultural Marcos Valcarcel
Rúa do Progreso, 32003 Ourense