Data: venres 26 de abril, ás 12:30h
Lugar: Salón de Actos da planta baixa da EASD
Convidámoste a asistir ao evento de presentación do Anuario 2023 da EASD Antonio Faílde, que está programado para o vindeiro venres 26 de abril, ás 12:30h. A presentación terá lugar no Salón de Actos da planta baixa e ademais celebrarase unha entrega de premios.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega fará entrega dos premios aos mellores proxectos finais de estudos en galego. Estes premios teñen dotación económica e concédense a estudantes das Ensinanzas Artísticas Profesionais e das Ensinanzas Superiores de Deseño.
Ademais, o alumnado co mellor expediente académico en Fotografía, Ebanistería Artística e Deseño de Interiores será agasallado cun exemplar de "O fardel da guerra" de Conde Corbal.
O anuario de 2023 foi ideado e maquetado por tres alumnas do Grao de Deseño Gráfico:
Link ao anuario
Génesis Pereira Dopazo
@genyteodio
behance.net/genesispereira
Sara Pérez Gregores
@hey.gregs
Cristina Sánchez Meilán.
Este evento está aberto ao público en xeral ata completar aforo e tódalas persoas que asistan recibiran un exemplar do anuario. Achégate a compartir este acto connosco. Agardámoste!