Data: Xoves 3 de abril ás 17:45h.
Lugar: EASD Antonio Faílde.
O Xardín de Casandra inspírase no mito de Casandra da mitoloxía grega. Casandra, princesa troiana, recibiu de Apolo o don da profecía como mostra do seu amor. Ao rexeitalo, Apolo maldiciuna: aínda que podía prever o futuro, ninguén crería as súas advertencias. Casandra predixo a caída de Troia e outros desastres, pero as súas profecías foron ignoradas, condenando ao seu pobo. Este mito reflicte a traxedia da verdade silenciada e o alto custo de desatender advertencias sobre un futuro previsible.Esta historia conecta directamente coa crise climática actual e coa temática destaedición do concurso dos Xardíns de Allariz: O Cambio Climático. Durante anos, a comunidade científica advertiu sobre os seus perigos, pero estas alertas son ignoradas ou minimizadas, repetindo a traxedia de Casandra. O cambio climático é unha profecía desatendida cuxas consecuencias serán irreversibles se non se actúa a tempo.