Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
CREA 2023

Fernando Vicente. Oficio de coleccionista.

Por

Dirección

Publicado o

11/04/2023

Data: Luns 24 de abril ás 19:00h.

Lugar: Centro cultural Marcos Valcárcel.

Fernando Vicente (Madrid, 1963)

De formación autodidacta, os seus primeiros traballos apareceron na primeira metade da década dos oitenta, en plena movida madrileña, nas revistas Madriz e La Luna de Madrid, nas que publicaría tanto ilustración como banda deseñada. Tras este primer período pasou unha década no sector da publicidade como director artístico en varias axencias.

De volta ao mundo da ilustración, dende 1999 publica asiduamente no diario El País, sendo de especial relevancia as súas colaboracións no suplemento cultural Babelia, que o levaron a acadar numerosos premios. Tamén colaborou con cabeceiras como Vogue, Cosmopolitan, Rock de Lux, Lápiz, Playboy ou Interviu.

Ademáis do seu traballo na ilustración de prensa, caricatura e moda, realizou portadas de discos e libros, e ilustrou máis dunha vintena de libros dirixidos tanto a público infantil como xuvenil.

Así mesmo, desenrola a súa obra pictórica centrada na presenza da figura humana en combinación con material gráfico de coleccionista de diversas procedencias, e inspirándose na fotografía de moda dos anos 50, ou nos grandes temas da pintura clásica.

A súa obra está recollida en diversos volumes como Los pin-ups de Fernando Vicente (Dibbuks, 2004), Literatura Ilustrada (Sins Entido, 2002), Portraits (Blur, 2009), Portadas (Brandstudio Press 2010), Universos (Ayuntamiento de Palma, 2011), ArtbooK (Ominiky, 2014) ou Fernando Vicente (Roads Publishing, 2014). En 2022 Norma Editorial publicou un recopilatorio de toda a súa traxectoria titulado El Arte de Fernando Vicente.

A obra de Fernando Vicente foi recoñecida en tres ocasións polos Award of Excellence da Society for News Design

www.fernandovicente.es

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
CREA 2023
VER EN DIRECTO

Fernando Vicente. Oficio de coleccionista.

Luns 24 de abril 19:00h. Centro cultural Marcos Valcárcel.

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →