Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
CREA 2025

Laura Ortín. Arquitectura para facer feliz.

Por

Dirección

Publicado o

23/03/2025

Data: Xoves 3 de abril ás 10:30h.

Lugar: EASD Antonio Faílde.

Arquitectura para facer feliz. Etoecoloxía, neuroarquitectura e escoita.

Laura Ortín é arquitecta con case 20 anos de experiencia. En 2011 funda o seu propio estudo. Unha serie de encomendas foron conformando un diálogo e unha investigación propias que evolucionaron no que agora se converteu, un estudo que día a día medra cara unha arquitectura sincera, respectuosa, artesanal e de calidade.

Como arquitecta interésalle a relación dos seres no seu medio habitable, o etoecolóxico, por iso os seus espazos son saudables, belos e emocionalmente suxestivos. Laura Ortín é arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia (2006). Realizou a especialidade en Edificación en L’École d’Architecture ISAI de Bruxelas. Tamén realizou os seus estudos de doutoramento na Escola Técnica Superior de Madrid.

É profesora de interiorismo na escola Instituto 42 en Murcia, foi convidada a diversos tribunais de TFGs e deu palestras sobre o seu traballo en universidades e escolas como a de Zaragoza, Alacante, Madrid ou Cartaxena. Os proxectos do estudo foron publicados en multitude de revistas e blogs nacionais e internacionais, foron finalistas en diversos concursos e presentados en conferencias e masterclass. Realizou artigos de investigación para diversas revistas especializadas como Innovación e Investigación en Arquitectura y territorio da Universidade de Alacante ou Documentos Académicos de Arquitectura na Politécnica de Bolivia. Conta con varias publicacións en edición impresa en revistas de arquitectura internacionais como I-PLUS Magazine de Corea do Sur, L’Architecture d’Aujoud’hui en Francia ou a revista alemá FIO.

O estudo é unha “rara avis” no gremio xa que reinventou o modelo clásico de estudo de arquitectura xerando unha rede de colaboracións respectuosa e compatible coa vida.    

www.lauraortin.com

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
CREA 2025
VER EN DIRECTO

Laura Ortín. Arquitectura para facer feliz.

Xoves 3 de abril ás 10:30h.

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →