Data: Xoves 3 de abril ás 12:30h.
Lugar: EASD Antonio Faílde.
Ismael é un ourensán deseñador de produto actualmente afincado no Porto. Despois de pasar pola Escola Elisava de Barcelona, e dun pequeno período de intercambio na Universidade de Ciencia e Tecnolóxica de Noruega (Trondheim), completou un Mestrado en Deseño Industrial na Universidade Técnica de Eindhoven (Holanda) antes de rematar en Amsterdam, onde viviu nos últimos anos.
No ámbito laboral, comezou traballando na biblioteca de materiais MATERFAD. Durante uns anos formou parte do equipo de FROLIC studio, xogando un papel catalizador importante á hora de transformar o que era unha pequena startup tecnolóxica nun estudo no que o deseño e a sustentabilidade son valores fundamentais. Alí abarcou diferentes disciplinas e traballou con industrias e profesionais tan diversos como axencias de publicidade, axentes de cooperación internacional, pequenos artesáns ou departamentos de innovación de grandes marcas como IKEA ou PVH. A súa labor consistiu en infundir calidade, sensibilidade e sofisticación no produto final, ademais dunha atención especial polos pormenores, que en última instancia axudou a mellorar a competitividade.
Na actualidade, unha gran parte dos seus esforzos céntranse en aportar valor engadido á industria dos parques infantís a través do deseño para Earthscape Play, unha empresa canadense, que deseña parques case exclusivamente en madeira para o mercado internacional. O seu rol consiste en asegurar que a calidade artística dos mesmos xogue un papel diferencial nesa industria, ampliando as fronteiras temáticas e estéticas deste tipo de produtos sen deixar de lado a seguridade e a accesibilidade.