Galería de imaxes
No items found.
No items found.
No items found.
Compartir:
Facebook
|
Linkedin
|
No items found.
Eventos
 · 
CREA 2025

Mercedes Álvarez. Recuperar a mirada.

Por

Dirección

Publicado o

21/03/2025

Data: Mércores 2 de abril ás 11:00h.

Lugar: EASD Antonio Faílde.

Cineasta e docente. El cielo gira (2005), a súa primeira longametraxe, rodado no seu pobo de orixe, Aldealseñor (Soria), obtivo numerosos premios internacionais como o Tiger Award no Festival de Rótterdam, Primeiro premio Cinema du Reel de París, Primeiro Premio Infinity de Alba (Italia) ou os de Fipresci da Crítica Internacional, Xurado, Público e Mellor Película no Festival de Cinema Independente de Buenos Aires, sendo tamén amplamente recoñecida en España con premios como película revelación e mellor montaxe do Círculo de Escritores Cinematográficos, mellor dirección novel e mellor dirección documental da Asemblea de Directores Cinematográficos Españois (ADIRCE) e o Premio Ojo Crítico de Cinema de Radio Nacional de España.

A película foi distribuída en Francia, Portugal, Holanda, América Latina EEUU, etc e foi exhibida en máis de 30 países.

En 2008 emprende a realización da longametraxe Mercado de futuros, seleccionada por numerosos festivais de cinema: Róterdan Filme Festival, MIFF Melbourne International Film Festival, Festival internacional de Cinema de Guadalaxara, etc. Obtivo o Premio Novas Miradas, Visions du Réel de Nyon (Suíza), Mención especial no Buenos Aires Festival Internacional de Cinema Independente (BAFICI), Premio Navaja de Buñuel de Versión Española de RTVE, Mellor Documental do festival de cinema español de Nantes.

En 2013, é elixida para participar na Bienal de Venecia xunto a Françés Torres no Pavillón Catalán coa obra “25% Catalonia at Venice”. Dita obra expusose en 2014 no Palau A Virreina de Barcelona.

En 2023 realiza a obra audiovisual, Instalación: “Escriure en el Temps” para a exposición Dues pedres. Paisatges persistents (Palau Robert), producida polo Observatori do Paisatge de Catalunya por encargo do Palau Robert.

En 2024, foi a cineasta convidada para realizar a peza audiovisual de apertura na exposición sobre Agnès Varda do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona coa peza audiovisual “Agnès Varda, los lados del espejo”, 2024 .

No seu labor docente é profesora do “Máster de Documental de Creación” UPF en Barcelona. Ten comisariado retrospectivas de cineastas e impartido seminarios en diferentes universidades, museos, e festivais nacionais e internacionais, como La Casa Encendida de Madrid, CGAI de A Coruña, Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, Universidade Rey Juan Carlos en Madrid, Master de Arte da Universidade de Cuenca, Círculo de Belas Artes de Madrid. Tamén realizou conferencias en diferentes universidades internacionais, como a Universidade de Princenton, Porto, Marsella, Colegio de España en Paris, Colege de France en Roma, etc.

Ir á portada de novas
Eventos
 · 
CREA 2025
VER EN DIRECTO

Mercedes Álvarez. Recuperar a mirada.

Mércores 2 de abril ás 11:00h.

Galería de videos

Galería de imaxes

No items found.
No items found.
No items found.
Compartir :
Facebook
|
Linkedin
|
Volver á portada de novas →