Data: Luns 24 de abril ás 11:00h.
Lugar: Hall de entrada da EASD Antonio Faílde.
Peles de 7” é un proxecto colectivo que forma parte da programación de actividades de celebración dos 10 anos de vida de Secret Bridge Tattoo.
O proxecto quere unir os dous alicerces nos que se fundamenta Secret Bridge desde a súa apertura: a música e a tatuaxe. O estudo participa como selo na edición de discos, apostando por bandas novas, comercializando discos de bandas amigas ou organizando concertos e pinchadas en vinilo. O estudo sempre está moi activo no panorama músical underground en Galicia.
Para iso, invitou a participar neste proxecto, ilustrando fundas de cartón de vinilo 7” con técnica libre, a todas/os os/as tatuadoras/es que traballaron como artistas invitados/as no estudo ou se cruzaron dalgún modo no camiño de David nalgunha das súas viaxes nas que, ademais de tatuar, procura e merca novos discos de vinilo 7” para a súa colección persoal.
A finalidade do proxecto é, ademáis de realizar a exposición, editar un libro que recopile as ilustracións realizadas polas/os mais de 100 tatuadoras/es invitadas/os sobre as fundas que cubren algúns destes discos da colección de David, xerando así unha lista de reprodución moi especial.
A exposición contará ca presenza de Gabriel Alén Castro, Delegado territorial de la Xunta de Galicia en Ourense.
@pielesde7
@secretbridgetattoo