Data: Entre o luns 3 e o venres 7 de abril de 2017.
Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
No ano do seu XXX aniversario, a Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde ten o pracer de presentar a primeira edición de CREA, Xornadas de Arte e Deseño, que se desenvolverá entre o luns 3 e o venres 7 de abril de 2017 en distintos espazos da cidade, principalmente no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense.
Cada un dos 5 días estará dedicado a unha das especialidades da súa oferta formativa; Ciclos de Grao Superior de Fotografía, Ilustración e Ebanistería Artística, así como Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores. Participarán en palestras e coloquios profesionais de recoñecido prestixio de cada una das especialidades: Bleda y Rosa, Premio Nacional de Fotografía, os laureados arquitectos Javier Franco e Vicente Pintos, o ilustrador Chema Román, premio ao mellor libro editado no Estado, Elías Cueto, arquitecto e un dos mellores expoñentes en deseño e innovación no ámbito da madeira e R2 Design, estudio portugués de máxima actualidade e referencia a nivel internacional en deseño gráfico. Haberá tamén demostracións prácticas, exposición de proxectos finais de carreira e outras actividades que se detallan no programa. Queremos, por unha banda, visibilizar a EASD Antonio Faílde na cidade de Ourense, concentrando nuns poucos días unhas actividades que habitualmente se ven realizando ao longo do ano na sede da escola no barrio da Cuña e, por outra, achegar ao conxunto da cidadanía ourensana a oportunidade de coñecer a visión e os proxectos de figuras de primeiro nivel en diferentes campos da arte e do deseño. A través da mostra de proxectos finais de carreira, tamén será unha excelente ocasión para constatar o enorme potencial creativo de varias das promocions de graduados da escola. Esperamos a vosa asistencia e desexamos que sexan un éxito para que o próximo ano podamos convocarvos á segunda edición de CREA.
Podes descarregar e imprimir o programa de actividades e o cartaz nas seguintes ligazóns: