Data: Mércores 26 de abril. 19:30h.
Lugar: Centro cultural Marcos Valcárcel.
Queremos invitarvos, agora que celebramos o XXX Aniversario da fundación da EASD, á conferencia que vai ser impartida polo arquitecto Juan Carlos Cabanelas, antigo profesor da primeira promoción do noso centro e que agora, entre outros traballos, é colaborador en España de Norman Foster & Partnerts.
A charla versará acerca do mundo da creatividade e tamén exporá de modo gráfico elementos dos novos proxectos que cambiarán a fisionomía da Cidade de Ourense.Ao final pecharemos o acto con unha velada musical de Jam Session.
O acto terá lugar o próximo Mércores, 26 de Abril, ás 19.30 horas. Na planta principal do Edificio Marcos Valcárcel da Deputación Provincial (Rúa Cruz Bermella).
Ao longo destos trinta anos na Escola EASD de Arte e Superior Deseño de Ourense, estamos a desenvolver unha serie de eventos dirixidos á divulgación e promoción da Educación Artística e o Deseño aplicado as novas tecnoloxías.
A EASD foi fundada pola Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia, nos pavillóns do antigo Hospital do campus da Universidade. Máis tarde trasladóuse ao novo edificio deseñado especialmente cara as necesidades didácticas que fan da nosa escola un punto de formación para as novas xeracións de profesionais que a sociedade actual demanda cada día mais.