Data: 07/04/2016 ás 20.00.
Lugar: Museo Municipal de Ourense.
Trátase dunha exposición realizada pola EASD Antonio Faílde de Ourense, co obxectivo de dar visibilidade aos estudos de ebanistería, parte da nosa oferta educativa, e introducirnos no proceso artesanal dende a materia prima ata o prototipo.O carácter multidisciplinar é o proceder habitual en calquera proxecto expositivo complexo, no que colaboran profesionais de distintos ámbitos. Deste xeito, a exposición foi un ilusionante proxecto dos alumnos das especialidades de ebanistería, interiores e gráfico. E como escola, valoramos a importancia do deseño coma proceso, dende a definición da estratexia a seguir ata a montaxe final.