Data: Xoves 10 de decembro ás 19:30h.
Lugar: Salón de Actos da EASD.
Encontro co fotógrafo Joan Fontcuberta que impartirá a conferencia titulada “imágenes conspirativas” e logo manterá un diálogo coa asistencia.
Por mor da actual situación de pandemia a palestra realizarase observando as medidas de protección e hixiene individuais e colectivas contempladas no protocolo anti-Covid19 no ensino.
Aforo moi reducido e asistencia exclusiva da comunidade escolar da EASD Antonio Faílde, con prioridade para o alumnado do Ciclo Formativo de Grao Superior de Fotografía.
Joan Fontcuberta experimenta coa fotografía e o seu poder de comunicación. É recoñecido internacionalmente tanto polo seu traballo fotográfico como polas súas teorías. Ademáis é comisario, crítico de arte e profesor universitario.
Fontcuberta sempre quere provocar a reacción da mente d@ observador@, polo xeral crédul@ e compracente. Por iso as súas imaxes son das que non se esquecen…
Ten recibido moitos premios internacionais, pero baste destacar os seguintes: Premio Nacional de Fotografía (1998), Premio David Octavius Hill pola Fotografisches Akademie GDL de Alemaña (1988), e o Premio Internacional de Fotografía Hasselblad (2013).
Os seus libros convertéronse en auténticos clásicos: “El beso de Judas”, “La cámara de Pandora” premio Nacional de Ensayo (2011), “La furia de las imágenes”…
Pé de foto: Joan Fontcuberta / Pilar Rosado. “Prosopagnosia”, 2020