Data: Venres, 23 de Outubro ás 12:00 pm.
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde.
É un pracer e un privilexio contar coa presenza de Isidro Ferrer na EASD Antonio Failde, unha das figuras internacionais mais relevantes na gramática obxectual e na creación de universos cotiáns. Ilustrador e deseñador, actúa na realidade dun xeito parecido a unha máquina de facer versos. Por unha beira entra o mundo e polo otro sae a poesía.Co motivo do taller que celebra en Ourense “La Plantación”, achégase á nosa escola para falar do seu método de traballo na actualidade, onde Isidro consegue que os obxectos cotiáns acaden vida propia, e cobren unha nova dimensión.
Nado en Madrid e residente en Huesca, onde ten o seu lugar de traballo, Isidro foi actor teatral antes de creador gráfico.Tras a súa sinxela imaxe, existe nel unha historia variopinta, deseñador, ilustrador, escritor… con premios de gran prestixio e clientes de primeira liña.
O seu denominador común é contar cousas. E ademáis de ter en conta a mensaxe, tamén coida cómo se realiza e cómo se transmite.