Data: Venres 15 de Febreiro. 11:00h.
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde.
Isaac Piñeiro é un deseñador de produto establecido en Barcelona. Os seus proxectos están baseados na simplicidade formal e conceptual coa intención de que perduren no tempo. O seu obxectivo principal é crear produtos intuitivos baseados nunha busca da eficiencia en concepción, produción e deseño. Após unha carreira frutífera como co-fundador do estudio de deseño multidisciplinar Nadadora. En 2017 comeza unha etapa nova coa creación de Isaac Piñeiro Design Studio, para continuar desenvolvendo proxectos de deseño de produto.
O seu traballo foi publicado e exhibido en varios medios de comunicación, museos e feiras internacionais. Un dos recoñecementos máis recentes, entre outros, é o premio Best of the Year’17 da revista Interior Design pola súa colección de asentos Tortuga. Compaxinando o seu traballo como deseñador, Isaac Piñeiro é profesor na Escola de Arte e Deseño Massana de Barcelona. É director do Taller de Obxecto e Espazo onde a disciplina é traballada desde un punto de vista crítico e conceptual a través do estudo da relación entre sociedade e contorna.