NORMATIVA
Resolución de 23 de abril de 2020, da Dirección Xera de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Resolución, do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020
RESUMO
As programacións didácticas de cada módulo/disciplina foron adaptadas á actual situación, conforme á normativa anteriormente citada, nun anexo ás mesmas que están disposición da comunidade educativa na aula virtual. Se tes problemas de acceso, envía unha mensaxe a escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal
As cualificacións finais non poderán minorar as obtidas anteriormente polo alumnado.
As sesións de avaliación e cualificación realizaranse de xeito telemático.
A entrega e a defensa do traballo final de estudos farase por medios telemáticos.
Autorízase a ampliación nun ano o límite de permanencia nestas ensinanzas.
As probas de acceso aprázanse ata que as circunstancias sanitarias o permitan.
CALENDARIO
Co fin de adaptar a avaliación ás actuais circunstancias, adiando nunha semana as anteriores datas, a Easd Antonio Faílde, establece o seguinte calendario de final de curso.
EXAMES CONV. EXTRAORDINARIA DESEÑO
PRÁCTICAS EN EMPRESAS
En aplicación da resolución de 23 de abril, a EASD informa das opcións ás que poderá acollerse o alumnado para a realización das prácticas en empresas.
COMUNICACIÓN
As comunicacións da EASD Antonio Faílde coa comunidade educativa realizaránse a través do sitio web www.escolarte.com e das redes sociais
A comunidade educativa poderá contactar coa dirección mediante mensaxes de correo electrónico ao enderezo escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal ou nos teléfonos 988 238 365, 988 220 000 e 988 391 073.
Se desexa persoarse no centro educativo é preciso concertar cita previa contactando coa escola no enderezo electrónico ou teléfonos citados anteriormente.
O alumnado poderá contactar co profesorado, alén doutros medios que este determine, a través de mensaxes de correo electrónico aos enderezos que figuran na información pública na páxina web http://www.escolarte.com/profesorado-2/