Data: 1/03/2012
Lugar: Salón de actos da EASD Antonio Faílde.
O pasado mes de Abril, os alumnos do ciclo de Ebanistería e das Ensinanzas Superiores en Deseño de Interiores da E.A.S.D. Antón Faílde de Ourense, acompañados por algúns dos docentes do centro, realizaron unha viaxe ao norte de Italia coa fin de visitar o Salón Internacional do Moble que se desenvolveu na Feira de Rho, ás aforas de Milán. Un lugar que acolle e dá espazo aos profesionais do sector do moble que, como ven sendo a tónica nestes últimos anos, acudiron a esta cita do 2012 deixando constancia de que segue sendo unha das grandes referencias mundiais do deseño industrial.
Por outra banda, a viaxe, programada como unha actividade formativa complementaria, serviu para que o alumnado tivera un contacto cultural no sector das artes plásticas e o deseño a través das visitas realizadas as diversas institucións e espazos culturais tanto na cidade de Milán como en Turín, destacando o percorrido realizado polo centro histórico das mesmas e deténdose nos lugares emblemáticos como o Castelo Sforza, o Duomo ou as Galerías Vittorio Emmanuele na capital da Lombardía, ou a visita o Museo Exipcio e o Museo Internacional do Cinema en Turín.