Data: Martes 2, de outubro.
Lugar: Fundación Barrié · Vigo
O departamento de Ensinanzas de grao de Deseño Gráfico organiza para o próximo martes 2 de outubro unha visita guiada á exposición da Fundación Barrié, na súa sede de Vigo, "Deseño de Sistemas. Escola de Ulm, do Ulmer Museum–HfG-Archiv, Ulm (Alemaña)", unha exposición organizada polo Disseny Hub Barcelona (DHUB), que mostra unha visión panorámica do traballo da Escola de Ulm na configuración do deseño e a formación dos deseñadores.
Presenta o traballo da Escola de Ulm (1953-1968), punto de inflexión e xenuíno comezo das correntes modernas de desenvolvemento do deseño na industria e na formación de deseñadores de produto.
A mostra, composta por 70 pezas procedentes do arquivo da Hochschule für Gestaltung de Ulm (Alemaña) e de coleccións privadas e arquivos españois, explora o concepto de sistema, expresado como conxunto de compoñentes enlazados racionalmente entre si, que son capaces de xerar un obxecto ou de contribuír ao seu desenvolvemento e formación.
O deseñador gráfico Otl Aicher, co-fundador e profesor da escola, é unha das principais figuras da gráfica do movemento moderno e nesta exposición están expostas algunhas das obras desenvolvidas por el como a identidade corporativa e programa da identtidade corporativa das olimpiadas de Munich de 1972.
Mais información en: http://www.fundacionbarrie.org/gl/actividades/exposicions/exposicions-temporais/366.
O autocar sairá ás 09:00h. da entrada ao recinto da Universidade Laboral e regresará a Ourense a mediodía.