En aplicación das instrucións dictadas o venres 13 de marzo pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en relación co COVID-19 respecto da atención ao alumnado, A EASD Antonio Faílde dispón as seguintes medidas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado fóra do ámbito escolar:
As comunicacións da EASD Antonio Faílde coa comunidade educativa realizaránse a través do sitio web www.escolarte.com e das redes sociais Facebook e Instagram
A comunidade educativa poderá contactar coa dirección mediante mensaxes de correo electrónico ao enderezo escola.arte.antonio.failde@edu.xunta.gal
O profesorado elaborará propostas de actividades a realizar mediante ferramentas e medios telemáticos (correo electrónico, aula virtual, videoconferencias, etc…) para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicílios. Ditas propostas serán comunicadas, alén de ao propio alumnado, á Xefatura do Departamento Didáctico correspondente e á Xefatura da Área de Formación.
Instrucións para o alumnado de Prácticas Externas
O alumnado poderá contactar co profesorado, alén doutros medios que este determine, a través de mensaxes de correo electrónico aos enderezos que figuran na información pública na páxina web http://www.escolarte.com/profesorado-2/